Shortcuts: WD:INTRO, WD:I

Wikidata:Introdución

From Wikidata
Jump to: navigation, search
This page is a translated version of the page Wikidata:Introduction and the translation is 58% complete.

Outdated translations are marked like this.
Other languages:
العربية • ‎asturianu • ‎беларуская • ‎беларуская (тарашкевіца)‎ • ‎български • ‎বাংলা • ‎bosanski • ‎català • ‎کوردیی ناوەندی • ‎čeština • ‎Cymraeg • ‎dansk • ‎Deutsch • ‎Zazaki • ‎dolnoserbski • ‎Ελληνικά • ‎English • ‎Canadian English • ‎British English • ‎Esperanto • ‎español • ‎eesti • ‎euskara • ‎فارسی • ‎suomi • ‎føroyskt • ‎français • ‎Frysk • ‎galego • ‎ગુજરાતી • ‎עברית • ‎हिन्दी • ‎hornjoserbsce • ‎magyar • ‎Հայերեն • ‎interlingua • ‎Bahasa Indonesia • ‎Ilokano • ‎íslenska • ‎italiano • ‎日本語 • ‎ქართული • ‎қазақша • ‎ಕನ್ನಡ • ‎한국어 • ‎Ripoarisch • ‎Lëtzebuergesch • ‎lietuvių • ‎latviešu • ‎Malagasy • ‎Baso Minangkabau • ‎македонски • ‎മലയാളം • ‎मराठी • ‎Bahasa Melayu • ‎norsk bokmål • ‎नेपाली • ‎Nederlands • ‎Sesotho sa Leboa • ‎occitan • ‎ଓଡ଼ିଆ • ‎ਪੰਜਾਬੀ • ‎polski • ‎پښتو • ‎português • ‎português do Brasil • ‎română • ‎русский • ‎саха тыла • ‎سنڌي • ‎srpskohrvatski / српскохрватски • ‎Tašlḥiyt • ‎සිංහල • ‎slovenčina • ‎shqip • ‎српски / srpski • ‎српски (ћирилица)‎ • ‎svenska • ‎Kiswahili • ‎ślůnski • ‎தமிழ் • ‎తెలుగు • ‎тоҷикӣ • ‎ไทย • ‎Tagalog • ‎Türkçe • ‎українська • ‎Tiếng Việt • ‎ייִדיש • ‎中文

O Wikidata é un proxecto da Wikimedia Foundation: unha base de datos secundaria libre, colaborativa e plurilingüe que alberga datos estruturados para alimentar a Wikipedia, a Wikimedia Commons, os outros proxectos da Wikimedia e moitos outos sitios.

Que significa isto?

Vexamos os elementos clave en detalle:

  • Libre. Os datos do Wikidata están publicados baixo unha licenza libre, que permite a reutilización dos datos en moitos outros sitios. Podes copiar, modificar, distribuír e executar os datos, mesmo para fins comerciais, e todo isto sen pedir permiso.
  • Colaborativa. Os datos no Wikidata son introducidos e mantidos polos propios editores, que deciden sobre as regras de creación e xestión dos contidos do Wikidata. Tamén hai bots que introducen datos no Wikidata.
  • Plurilingüe. A edición, a consumición, a navegación e o reemprego dos datos é completamente plurilingüe. Os datos engadidos en calquera lingua están inmediatamente dispoñibles no resto de linguas; é posible e desexable a edición en calquera lingua.
  • Unha base de datos secundaria. O Wikidata non ha rexistrar simplemente afirmacións, senón tamén as súas fontes, reflectindo a diversidade de coñecementos dispoñible e apoiando a noción de verificabilidade.
  • Alberga datos estruturados. A diferenza da Wikimedia Commons, que recolle ficheiros multimedia, e as Wikipedias, que producen artigos enciclopédicos, o Wikidata ha albergar datos, de xeito estruturado. Isto permitirá un reemprego sinxelo deses datos por parte dos proxectos da Wikimedia e terceiras partes. Tamén permitirá aos ordenadores procesar e “comprender” dun modo doado estes datos.
  • Alimentar os proxectos da Wikimedia. O Wikidata alimenta a Wikipedia con ligazóns lingüísticas e caixas de información que sexan máis fáciles de manter. Isto ha reducir a carga de traballo na Wikipedia, á vez que aumenta a súa calidade. Ademais, as melloras e actualizacións nunha lingua están dispoñibles en todos os demais idiomas.
  • Alimentar moitos outos sitios. Todo o mundo pode usar o Wikidata para un enorme número de servizos diferentes.

Como funciona o Wikidata?

Este diagrama amósache os termos máis importantes que vas escoitar polo Wikidata.

Este wiki é o repositorio Wikidata. O repositorio é a almacenaxe central dos datos aos que acceden os wikis clientes conectados ao mesmo. Ao manter os datos no repositorio, o contido cargado de xeito dinámico desde o Wikidata non necesita ser traducido nin ha de ser mantido ao día en cada wiki cliente individualmente. Ademais, o Wikidata centraliza todas as ligazóns interwiki da Wikipedia.

O repositorio Wikidata

Os elementos e os seus datos están interconectados.

O repositorio Wikidata consiste principalmente de elementos, cada un deles detallado mediante unha etiqueta, unha descrición e, probablemente, un ou máis alias. As ligazóns de sitios conectan os artigos de todos os wikis clientes, e as declaracións describen características detalladas de cada elemento. Cada declaración consiste nunha propiedade e un valor: podes ligar elementos de persoas ao seu lugar de nacemento, á súa ocupación ou ao seu número correspondente nalgunha base de datos oficial, e tamén podes ligar un político ao seu partido. Podes engadir coordenadas xeográficas a cumes, edificios ou outros lugares, podes ligar un elemento sobre unha cidade á súa unidade administrativa inmediatamente superior, ligar un país ao seu máximo representante, ao seu himno nacional, etc. Toda esta información pode empregarse en calquera lingua para amosala no seu propio idioma, mesmo se toda a información foi obtida dunha lingua diferente. Aínda máis, ao traballaren con estes valores, os wikis clientes disporán sempre dos datos máis recentes.

Acceso aos datos

O acceso aos datos pódese levar a cabo empregando a interface Lua Scribunto. Pola outra banda, todos os datos poden ser obtidos de xeito independente mediante a API.

Hai máis por vir

O proxecto Wikidata atópase baixo desenvolvemento activo. No futuro, máis tipos de datos estarán dispoñibles, e tamén haberá consultas. Podes atopar máis información sobre o Wikidata e o seu desenvolvemento actual na páxina do Wikidata en Meta. Subscríbete á listaxe de correo do Wikidata para recibires información actualizada sobre o desenvolvemento e participares en debates sobre o futuro do proxecto.

Como podo axudar?

Adiante!, comeza a editar. Editar é o mellor xeito de aprender sobre a estrutura e os conceptos do Wikidata. Se queres comprender máis a fondo estes conceptos, podes botar unha ollada ás páxinas de axuda. Se tes algunha pregunta, non dubides en formulala na parola do proxecto ou contacta co equipo de desenvolvemento.

Onde comezar

Algunhas ligazóns para comezar: