Wikidata:Tours/Elementos

From Wikidata
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of the page Wikidata:Tours/Items and the translation is 93% complete.
Outdated translations are marked like this.

Benvido á visita guiada sobre los elementos

Wikidata
Wikidata

Benvido a Wikidata! Esta visita guiada ofrece unha introdución ós conceptos básicos de edición en Wikidata.

Por favor, ten en conta que a páxina de fondo é só unha réplica dunha páxina real —podes pensar nela como unha zona de probas para que xogues e intentes novas cosas. Os teus cambios non aparecerán en Wikidata, así que non hai necesidade de preocuparse mentres fagas cambios neste espacio. Comecemos!

Converterse en editor/a

Wikidata é unha base de coñecementos de datos estructurados, creada voluntariamente, que calquera pode editar. Tal como Wikipedia, o proxecto apóiase no esforzo de persoas de todo o mundo que traballan xuntas recolectando e mantendo datos en máis de 200 linguas.

Hai moitas formas de contribuír a Wikidata. Algunhas persoas traducen documentación, outras corrixen erros de software e escriben aplicacións, e outras engaden e editan datos. Tódolos editores comezan nalgún lugar —esta visita amosarache como editar o teu primeiro artigo.

A idea básica

Wikipedia é para o contido enciclopédico, Wikimedia Commons é un repositorio de ficheiros multimedia, e o Wikicionario proporciona definicións e outra información léxica sobre palabras.

En Wikidata, o obxectivo son os datos estruturados.

Isto fai posible usar os datos tanto por humanos como por computadoras. Os datos estruturados abren tamén todo un abano de oportunidades maravillosas sobre as que posteriormente aprenderás máis.

Elementos

Crear unha estrutura de datos require moita planificación! Para poder dar soporte a algo como o coñecemento dispoñible en Wikipedia, primeiro necesitamos unha forma de almacenar representacións dese coñecemento. Estas representacións de coñecemento son chamadas elementos.

Os elementos son abondo flexibles para representar conceptos abstractos como nenez, fame e peso, tanto como obxectos do mundo real como televisión, un kayak, e un volcán.

Páxinas de elemento

Cada elemento ten a súa propia páxina —onde está gardada toda a información sobre el— e un identificador único. O identificador sempre é algo como Q###. Mentres que é útil para máquinas e para representar o coñecemento nun montón de linguaxes, este tipo de identificador non é moi amigable cos humanos.

Imos resolver isto na primeira tarefa desta visita. Observemos de preto a páxina do elemento para o planeta Terra.

Etiquetas

Ves como só hai un número identificando esta páxina? Ese é o identificador único.

Para evitar ter que traballar con identificadores aleatorios ó estilo de Q###, a cada elemento debería dárselle un nome que reflicta o máis precisamente posible que é. Os nomes que se dan ós elementos chámanse etiquetas e deberían ser engadidas a cada elemento. Como Wikidata é multilingüe, as etiquetas poden ser engadidas en calquera lingua (podes configurar as linguas que queres ver).

Entendido? Xenial! Preme na frecha para aprender como engadir a túa primeira etiqueta.

Editar

Para engadir ou modificar o obxecto, só tes que premer no "editar" (ó facelo, avanzarás ó seguinte paso).

Etiquetas

Preme dentro do campo de texto e introduce a etiqueta «Terra» para este elemento.

Máis sobre etiquetas

Excelente traballo!

Aquí hai algúns puntos útiles que deberías saber sobre as etiquetas:

  • Unha etiqueta é como o título dunha páxina que describe que é o elemento. Debería ser tan curto como sexa posible (ex.: Terra e non Planeta Terra).
  • As etiquetas non necesitan ser únicas, porque son diferenciadas pola descrición —logo veremos máis sobre isto.
  • Usa o nome máis común (ex.: gato, non Felis catus) e utiliza maiúscula inicial só para nomes propios (como Londres, Xúpiter ou Hillary Clinton —pero non para cidade, planeta ou política).

Descricións

Como xa dixemos, as "descricións" úsanse para desfacer as ambigüidades entre as etiquetas achegando máis detalles sobre un elemento.

Por exemplo, “documental sobre natureza do 2007 ” e “un dos catro elementos clásicos” son descricións para elementos chamados Terra, pero ningún deles é o planeta no que vivimos!

Está ben ter moitos elementos coa mesma etiqueta sempre que cada elemento teña cadansúa descrición diferenciada.

Again, don't capitalize words unless they're proper names.

Descricións

Engadamos a nosa primeira descrición!

As descricións edítanse de mesmo xeito que as etiquetas. Só tes que premer no campo de texto! Algo como terceiro planeta do Sistema solar sería unha boa descrición para Terra.

Máis cousas sobre descricións

Bo traballo!

Isto é o que tes que ter en conta cando crees descricións:

  • Fainas breves: as descricións non son frases.
  • Tenta ser o máis preciso/a e neutral posible (evita usar información que cambiará co paso do tempo o que é considerada sesgada o controvertida).
  • As descricións non deben comezar con artigos, como "o" ,"a" ,"un" ou"unha".
  • Se atrancas, lembra que wikipedia é un recurso moi bo para tirar descricións de elementos (a miúdo as primeiras dúas frases -cabezallo- da entrada en Galipedia poden darche información suficiente).

Alias (Tamén coñecido como)

Só queda unha última cousa a facer para nomear e identificar o teu elemento: engadir outros nomes alternativos para o planeta Terra na páxina do elemento.

A un nome alternativo para un elemento, como un alcume para unha persoa ou un nome científico para un animal chámaselle alias en Wikidata. Engadir alias na túa páxina de elemento axudará a recuperar e ligar todos os nomes alternativos e termos de busca posibles para Terra no elemento en que tes traballado tanto! !

Alias (Tamén coñecido como)

Máis información sobre o uso de alias:

  • Aínda que un elemento dó pode ter unha etiqueta e unha única descrición por lingua, o certo é que pode chegar a ter moitos alias.
  • Ten coidado co uso de maiúsculas: asegúrate de usalas só en nomes propios.

Pódense incluir varios alias a un elemento. Apareceranche novas caixas de texto para teclar os seguintes alias.

Por certo, un bó nome alternativo para a Terra podería ser mundo.

Publica

Cando remates, preme en publish

Parabéns!

Parabéns! Acabas de completar a visita guiada sobre os elementos.

Queres seguir editando? Ses estas preparado/a para abandoar a zona de probas e editar na zona de edición real, as ligazóns que achegamos a continuación poden axudarte a comezar:

Queres seguir aprendendo? Preme en aquí para voltar ó Portal de titoriais.

Aínda tes dúbidas? Fala con alguén na parola en tempo real de IRC #wikidataconnect ou consulta as seguintes páxinas de axuda: